Comisiones Obreras - Campaña Huelga No Es Delito

Comisiones Obreras - Campaña Huelga No Es Delito
Banner superior de la campaña Huelga No Es Delito
Inicio > Inicio

sábado 18 de noviembre de 2017

viernes 27 de junio de 2014

Dirixentes de CCOO, CIG e UGT autoincúlpanse en solidariedade coas traballadoras e traballadores condenados a prisión

  • Tamén participaron nunha concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Os secretarios xerais de CIG, CCOO e UGT de Galicia participaron este venres, día 27 de xuño, nunha protesta diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña. Alí expresaron o seu apoio ás traballadoras e traballadores condenados a prisión ou que están a ser xulgados por participaren en folgas e manifestacións.

Concentración ás portas do TSXG

Concentración ás portas do TSXG

Ademais, José Antonio Gómez (UGT), Xosé Manuel Sánchez Aguión (CCOO) e Xesús Seixo (CIG) presentaron na sede xudicial escritos de autoinculpación nos que se recoñecen como indutores das folgas e manifestacións en que participaron os traballadores e traballadoras condenadas.

Xunto cos secretarios xerais de CCOO, UGT e CIG, estes escritos estiveron ratificados polas persoas que integran actualmente as comisións executivas dos tres sindicatos en Galicia, así como polas secretarias e secretarios xerais das federacións e organizacións territoriais.

Acción previa ás mobilizacións do día 30

Esta acción solidaria prodúcese a poucos días das manifestacións e concentracións convocadas en toda Galicia para o vindeiro luns, día 30 de xuño, so o lema «defender os dereitos da clase traballadora non é delito». Nesas mobilizacións pedirase o indulto para os traballadores e traballadoras condenadas a penas de cárcere por participaren en piquetes.

Dirixentes de CCOO, CIG e UGT autoincúlpanse en solidariedade coas traballadoras e traballadores condenados a prisión

viernes 27 de junio de 2014

  • Firma el manifiesto Huelga No Es Delito
  • Vídeo de Katiana Vicens